jueves, 20 de septiembre de 2012

Apertura curso 2012-2013


Preparad@s para o comezo dun novo curso?


A partir do luns 1 de outubro renovamos a ilusión e as ganas de compartir o noso amor pola danza.

Benvidos, tanto os que xa nos coñecedes e depositades a vosa confianza novamente en nós, como ós que se achegan por primeira vez.


HORARIOS

  LUNS                                  HORA                                    LUGAR                     IDADES
Iniciación I 
17:00 a 18:00 h.
Sala pavillón
4-6 anos
Intermedio II
18:00 a 19:00 h.
Sala pavillón
11-13 anos
Intermedio III
19:00 a 20:00 h.
Sala pavillón
13-15 anos
Avanzado
20:00 a 21:00 h.
Sala pavillón
+ 16 anos


MÉRCORES                         HORA                                   LUGAR                     IDADES
Grupo Prado
16:35 a 17:30 h.
Colexio Xoaquín L.
5-11 anos
Iniciación II
17:45 a 18:45 h.
Sala pavillón
6-8 anos
Intermedio I
18:45 a 19:45 h.
Sala pavillón
9-10 anos
Adultos
20:00 a 21:00 h.
Sala pavillón

 
*A Asociación sociocultural “Máisquedanza” subliña que os horarios poden sufrir algunha modificación dependendo do número de inscritos e sempre coa búsqueda do beneficio do grupo.

*As idades son de referencia, despois a profesora decide a que grupo pertencerá @ alumn@ en función da dispoñibilidade e aptitudes.


RESERVA DE PRAZA E MATRÍCULA

A partir do venres 21 de setembro, pódese facer de varias maneiras:

-      Recollida e entrega da folla de inscrición, no pavillón municipal de Lalín os días 26, 27 e 28 de setembro de 18:00 a 20:00 horas. Haberá unha persona responsable da asociación para a xestión.

-          Descargar a folla de inscrición do blog dende aquí    (XA DISPONIBLE)
ou ben pedíndoa ó mail da asociación  (maisquedanza@gmail.com )  e deixala nun buzón que haberá no pavillón municipal a partir da tarde do venres 21 de setembro

-          Enviar a folla cuberta ó mail da asociación (maisquedanza@gmail.com ). Desta maneira a praza queda reservada pero necesitaremos a folla cuberta para o primeiro día da actividade xa que é necesaria a firma de autorización.

LEMBRADE QUE AS PRAZAS SON LIMITADAS!!!!!!!!!!!!!!!

NOTA IMPORTANTE: @s alumn@s do curso anterior teñen que cubrir a folla de inscrición para reservar praza. Adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.


PREZOS

-          10 euros ó mes + seguro anual obrigatorio (pendente prezo - 6 € aproximadamente)


NOTA: Ollo no cambio da forma de pago
Será soamente a través de conta bancaria (información na folla de inscrición). Deberase ingresar por adiantado dentro dos primeiros 10 días do mes/trimestre/ano (ver normativa)



MÁIS NOVIDADES CANDO COMECEMOS A ACTIVIDADE!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.