miércoles, 21 de mayo de 2014

VILALBA EN MOVEMENTO 2014

GRUPOS CONVOCADOS PARA VILALBA EN MOVEMENTO 2014


ACTUARÁN NO AUDITORIO NO PRIMEIRO TURNO (18:00 H)
 
INICIACION 2A (VENTO)
INICIACIÓN 3 (MAR)
BANDEIRA (FADAS DO BOSQUE)
RODEIRO (PAVOS REAIS)
 
SEGUNDO TURNO (19:00 H)
 
INTERMEDIO II (VERMES)
INTERMEDIO III (COSMOS)
INTERMEDIO-AVANZADO  (ARCO DA VELLA)
AVANZADO (VOLCÁN)
INTERMEDIO-AVANZADO (TORMENTA)
 
Os que bailan no 1º turno, teñen que estar ás 17:15 no auditorio vestidos, maquillados e peinados. Os do 2º grupo ás 18:30 h.

O AUTOBÚS SAIRÁ DO PAVILLÓN DE LALÍN ÁS 16 H. (Puntualidade, por favor). PREZO: 2€
 
Este ano, os bailaríns e bailarinas estarán sentadas nas butacas polo que tamén contan como aforo, facendo que quede menos espazo para público. O tema do aforo temos que levalo de xeito riguroso, así pois, non pode entrar máis xente que butacas hai.
 
Unha empresa de animación fará xogos cos menores de 11 anos, unha vez remate o seu turno de baile. Se non chove tamén haberá hinchables. As familias ou monitores acompañarán aos menores á zona de xogos onde teñen que entrar por grupos para cumprir a lexislación de número de nenos por monitor. Estos xogos son unha recompensa para os bailaríns e bailarinas polo que non poderán entrar nen@s que non pasaran polo escenario. Para acreditar a sua condición de bailarina ou bailarín presentarán carné que se entregará ás profesoras e elas repartirán entre o seu alumnado. Para maior comodidade recoméndase que traian un tarxeteiro-identificador para poñer ao pescozo e así non perdan a tarxeta.
 

ESPERAMOS QUE O PASEDES BEN!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.