jueves, 29 de mayo de 2014

FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA "X DANCERVEIRA"

FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA DE VILA NOVA DE CERVEIRA
(X DANCERVEIRA)

DATA: Os días 28 e 29 de Xuño (Podemos elixir cales ir)
LUGAR: Vila Nova de Cerveira  (Portugal)

INSCRICIÓN: Data límite o día 6 de xuño.

SOAMENTE SE INSCRIBIRÁN AS COREOGRAFÍAS CUN NÚMERO MÍNIMO DO 70 % DOS PARTICIPANTES

Deberedes entregar á profesora ata o venres 6 de xuño: (Nun sobre co voso nome)

-          Fotocopia do DNI ou pasaporte (no seu defecto, data de nacemento)
-          Fotocopia da cartilla sanitaria (aínda que levemos o seguro de Máisquedanza)
-          18 euros
-          Autorización firmada (pedir á profesora no caso de querer asistir)
-          Preferencias de días nos que se pode asistir.

A inscrición dará dereito ó seguinte:

- Tarxeta de identificación para os asistentes, participantes e profesores.
- Camiseta do Festival internacional
- Diploma de participación
- Descontos nos restaurantes que colaboran no evento.
- Descontos nos workshops de danza que se realizan no festival. (Falade coa profesora se alguén se quere apuntar. Este ano dará clase de Jazz Clara Muñóz e Hip-hop Antonio Silva. Máis información en www.adeixa.com)
- Aloxamento: No pavillón Municipal de Vila Nova de Cerveira. Soamente para os grupos de intermedio III e avanzado.

Qué debedes levar?

-          Tarxeta sanitaria e DNI orixinal
-          Roupa para as coreografías e uniforme de máisquedanza
-          No caso de usar aloxamento (só grupos de avanzado e intermedio III)
-          Saco de durmir e esterilla ou colchón.
-          Neceser (productos de hixiene). Chanclas (para as duchas), toalla.
-          Toalla, bañador ou bikini  e crema solar (hai un área recreativa para danzar coa auga).
-          Pack de supervivencia: Comida, bebida, cartos, … 

No caso de conseguir grupo, entregarase máis información a medida que se achegue o día sobre o desprazamento en bus (con xente suficiente), horarios, coreografías a representar…



DESCARGAS
AQUÍ A FOLLA DE AUTORIZACIÓN                           AQUÍ A NOVA COMPLETA EN PDF
lembra que podes cubrir directamente o PDF



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.