jueves, 3 de diciembre de 2015

"RESPIRAR"


Esta coreografía estreámola no "Centro Comercial Pontiñas" dentro dos actos finais da "Semana da Non Violencia" promovida pola "Oficina de Igualdade de Lalín".

Coincidindo co décimo terceiro ano desta iniciativa, o departamento municipal estruturou un amplo abanico de iniciativas nun festival cun obxectivo único: sensibilizar a poboación ante un problema social como é a "Violencia de Xénero"

Esta  coreografía é para dicir non ó maltrato (físico e mental), non as inxustizas, a tristura, .........  e non o asasinato.

Dende +QDanza sempre apoiamos esta causa e queremos agradecer a "Oficina de Igualdade de Lalín" por darnos a oportunidade de expresar o que sentimos, e ademais poder facelo da forma que máis nos gusta, ca DANZA.
Tamén queremos agradecer ó "Centro Comercial Pontiñas" por brindarnos o seu espazo e colaborar sempre  nesta causa.

Esta coreografía está creada por Marta Maceira Ansedes e por Yolanda Ogando Gordedo. É a primeira coreografía que crean para unha ocasión tan especial como é esta.

A musica é de: BEBE e o tema é: RESPIRAR.




 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.