domingo, 26 de abril de 2015

Nova conta en Facebook

Esta páxina xurde gracias a Facebook. Pola súa iniciativa propia! Ó parecer cometemos unha ilegalidade e cerrousenos o perfil, sen previo aviso. Supoñemos que estaría na letra pequena. . .. Pois agora pagamos o prezo…e bastante caro! Sen previo aviso perdemos varios anos de traballo. A todos os que tedes perfil de persoa para o voso grupo, clube, asociación, escola… COIDADO, cambiádeo xa a páxina porque están cerrando moitos perfís.


Novo perfíl en Facebook aquí


Pero non pasa nada, no  noso blog tedes as publicacións máis importantes destes anos. http://maisquedanza.blogspot.com.es/



Se alguén recorda e quere recuperar algunha das publicacións pedídenolo por aquí. Polo menos deixounos baixar un archivo jejeje

Espero que disfrutarades do que estivemos publicando ata o de agora!! SEGUIMOS AQUÍ!! SEMPRE É UN BO DÍA PARA COMEZAR DE NOVO!!

E máis un día coma hoxe, no que celebramos o día da danza con moit@s compañeir@s doutras escolas. En breves instantes marchamos para PONTE EN DANZA. 

Pola mañá estaremos aprendendo moito nos talleres de Danza moderna infantil con Gabriel Vázquez, Hip hop con Iria Barona e danza contemporánea con Armando Marténs.
Pola tarde, a causa do mal tempo, bailaremos no PAZO DA CULTURA de Pontevedra, a partir das 17 h.

Gracias a Deborah e Amelié por volver a contar outro ano con nós. Co voso traballo facedes que hoxe disfrute un montón de xente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.