lunes, 23 de marzo de 2015

Resultados Anaprode 2015

Orgullosa e moi contenta de como defendestes as vosas coreografías, do voso esforzo e do voso traballo.
Os nervios xogaron un pouquiño na nosa contra. Imprevistos de última hora ben salvados. Inconscientemente, a presión de seguir mantendo o resultado de anos anteriores fixeron que estivesemos máis nerviosos, pero de todo se aprende e son con estas cousas coas que se collen táboas no escenario. De todas maneiras pensei que nos ían a valorar máis alto. O xurado este ano non premiou de todo o noso traballo pero hai que respectar a súa decisión.


Os nosos resultados:

1º PREMIO:
- STARS: Dúo preparatorio fusión. Sofía Fernández e Carla Barco. 

2º PREMIO:
- DANCE SESSIÓN: Grupo. Categoría preparatorio. Fusión.
- BURN: Dúo preparatorio fusión. Carlos Ogando e Lucía Barros.
- ARCO IRIS: Grupo categoría 2 Jazz lírico.
- VOLCÁN: Grupo categoría 3 jazz lírico.

3º PREMIO:
- EGYPTIAN GIRL: Individual preparatorio fusión. Xulia Ferradás.
- FROZEN: Dúo preparatorio jazz. Andrea González e Caldela Sampayo.

PREMIO FOTOGRÁFICO:
- Coreografía volcán.

O comportamento foi moi bo (excepto en deixarme durmir jejeje) Axudastes un montón peinando, maquillando, coidando dos peques… Se é que cando queredes sodes encantadoras jijiji. GRACIASSSSS, paseino moi ben. Perdinme o baile nocturno pero disfrutei moito con Carmen, Sofía e Carlos no albergue. Menudas risassssss!!

Agradecer ó concello e ó albergue de Pola de Lena a súa amabilidade e toda a facilidade que nos deron co aloxamento. Sentímonos moi mimados. En xeral, vimos moi contentos de cómo foi o trato cos veciños Asturianos. Super atentos e encantadores!!

Papás, mamás e demáis familia, gracias pola vosa axuda!! Un bico para compensar ese esforzo e os nervios que pasades.

Este concurso superado, e agora a por outros proxectos. Toca animar a próxima fin de semana a 2 grupos da profe Marta, que van a competir por primeira vez en Vilagarcía (star dance). Todo a nosa enerxía e a nosa forza para eles. Con que saian de bailar igual de contentas que vós no anaprode xa sería unha victoria porque as boas sensacións en escena son importantísimas.


   

          

A SEGUIR BAILANNNNDOOOO!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.