lunes, 23 de junio de 2014

Agradecementos III Mostra de danza-Lalín


Incríble o día de onte!! Máisquedanza está orgullosísima de cómo saiu todo e a min resultame imposible resumir todo os sentementos. O auditorio cheo nas 2 partes da mostra e os talleres un éxito. Non se pode pedir máis. 


Quero agradecer públicamente con estas flores compartidas porque o éxito foi de todos. Son mil gracias e sei que corro o risco de esquecerme de alguén pero quero ir un a un.

- Espectacular o traballo do alumnado. Comportáronse como auténticos profesionais da danza. 

- As escolas convidadas non puideron facelo mellor. Moitas gracias por vir porque sen vós a III Mostra non sería o mesmo. Fixestesnos disfrutar moito!! Ximnasia Rítmica CompostelaClub de baile Deportivo SondoDanceLenda Gawazi, Iniciación ó movemento de VilalbaEscuela Marcando Pasos

- Gracias as familias, porque o seu comportamento foi exemplar. Fiáronse en todo o momento da organización, respectaron todas as normas e indicacións que se lles deu e iso creou un clima no auditorio fabuloso. Cando todos poñemos da nosa parte, todos disfrutamos!

- Gracias á axuda das alumnas maiores na 1ª parte da mostra. Fixestes un bo traballo e da gusto cando o colaborar sae de vós.

- Teño que resaltar o bo facer de Marta Maceira Ansedes e Yolanda Ogando que este ano se estrenaron como profes e tiveron un bonito debut.

- Gracias á directiva e pais colaboradores. Que bonito é ver que por amor o arte e ós vosos fillos facedes o que sexa porque todo saia ben poñendo do voso tempo coa falta que temos del. Vendedes entradas, grabades dvds, sacades fotos, aprendedes a manexar son e luces e unha infinidade de cousas. Vésevos con ilusión sen rendirvos ante os imprevistos…

- Gracias a Rubo Vigo e Alejandra Teixeira polos vosa profesionalidade nos talleres e actuacións. Na praza da igrexa creastes un ambiente super chulo e os participartes quedaron encantados con vós. Sabía que erades unha aposta segura. 

- Gracias a supermercados Eroski que nestes tempos non tan bos nos axudou coa súa aportación de bebida e froita para os bailaríns.

- Gracias á Floristería Rosa polas súas flores.

- Gracias ó Concello de LALÍN polo préstamo do auditorio, e tamén a protección civil e a policía municipal por estar ahí.

- Gracias a Laura Moure Miguélez que mostra tras mostra segue apoiándonos e presentando o evento.   Sempre cun sorriso e guapísima.

- Gracias a prensa por interesarse pola nosa actividade e polo trato recibido estes días.

- Gracias ó público asistente polos seus aplausos, que é do que se alimentan os artistas. 

- Gracias ós meus amigos que lles quedaba a desmán e se achegaron.Charly TorresLulu MartinezPaula Rodriguez.

- E por último gracias os que máis me aturan (que non é fácil nas semanas próximas ó festival…jejeje Carmen Ansedes Lopez, Rosa,Yolanda Rodríguez Segade e Nicolás. Quérovos sempre ó meu carón!

Se me olvidei de alguén que me perdoe, son moitas cousas e coa emoción…
Sonia


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.