viernes, 7 de marzo de 2014

Agradecementos (Premio Maruxia Gutiérrez) 2014

Recién chegada da entrega do premio “Maruja Gutiérrez” quixera dar as gracias por escrito. Nos discursos improvisados sempre queda algo atrás… 

Estamos moi content@s polo recoñecemento do noso traballo. Sempre intentamos facelo o mellor posible, dentro dos medios que temos, e colaborar en todo o que nos solicitan. Ás veces temos demasiado traballo pero premios como este dannos folgos e forza para seguir adiante. Gracias as familias, alumn@s e amig@s que nos acompañaron no acto, porque aínda que non estábamos tod@s foi unha representación bonita do que é +qdanza.

Gracias ó concello e ó xurado por ternos en conta e valorar a nosa labor.

A verdade é que foi un acto bonito e emotivo. Parabéns as que compartiron o premio connosco. Marga Gallego, sacounos as bágoas por un momento, Inés convidounos a queixo uhhmmm… non me da chegado o sábado para ir a probalo…e que dicir de Odilia, simpatiquíma, con unha fortaleza e enerxía que contaxia. 


Mil grazas tamén as familias implicadas na directiva por axudar a que este proxecto saia adiante. E en particular, darlle as gracias a Marta Maceira Ansedes  a Yolanda Ogando  pola súa labor neste primeiro ano como profes da Asociación e a Carmen Ansedes López pola súa implicación 24 h o día e 365 días ó ano.


Quédavos nesta foto o recordo do noso premio. A saborealo e a seguir traballando!!




Asinado: Sonia Míguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.