miércoles, 13 de noviembre de 2013

TALLER DE INICIACION Á DANZA AFRICANA


TALLER DE INICIACION
 

Trátase dun primeiro acercamento a cultura tradicional africana, fundamentalmente a chamada Malinké (Senegal, Mali, Guinea, Costa de Marfil…), a través da súa música e danza.

 
Obxetivos
 

  • Coñecer os elementos esenciais que caracterizan o baile africano.
  • Experimentar cos diferentes ritmos de percusión que impulsan ó movemento.
  • Realizar un exercicio completo e divertido, individual e tamén grupal.
  • Traballar a expresión corporal liberando os sentimentos máis profundos.

 

A quen vai dirixido

  • Poden asistir tanto os nenos como adolescentes e adultos a partir dos 6 anos. NON É NECESARIO COÑECEMENTOS PREVIOS.

Grupo 1: 6-11 anos (17-18 h).

Grupo 2: + 12 anos (18:30-20:30 h).

Según demanda poderán facerse cambios nos grupos e horarios (comunicarase con anterioridade).

 

Material

  • Os participantes deberán asistir con roupa cómoda (de danza ou deportiva) e con calcetíns (para o principio da clase).

 

Inscrición

  • A través do correo maisquedanza@gmail.com
  • O alumnado da asociación poderá inscribirse avisándolle directamente á súa profesora.
  • A data límite para inscribirse é o 26 de novembro

 

Prezo e forma de pago

Grupo 1: 1 hora de clase. Socios 5€/Non socios 8€

Grupo 2: 2 horas de clase. Socios 10 €/Non socios 15€

Pódese pagar en efectivo se a inscrición se realiza directamente coa profesora ou por ingreso bancario e enviando o xustificante de pago ó mail da asociación.

Nº conta: BANCO CAIXA GERAL, S.A. 0130 3042 38 0210041488 
(Indicar: Curso danza africana + Nome alumn@)
  

 

 


Imparte:Cristina Malvárez           

 

Bailarina, profesora de danza e coreógrafa. Comeza a súa carreira profesional en Santiago de Compostela (maio 1989) co bailarín cubano Rafael Mendiola, en Barcelona como membro estudiante da Asociación Española de Bailes de Salón (abril 1990), e máis tarde (abril 1991) en Sitges na modalidade de danza africana ca senegalesa Germaine Acogny. A partir de entonces, son numerosas as clases que recibe para súa formación (Ritmos Latinoamericanos, Baile de Salón, Danza africana, Modern-jazz, etc.) a cargo de prestixiosos profesionais nacionais e internacionais. En 1990 crea a Escola “Pasos” de Bailes de Salón que dirixirá xunto a Miguel Abreu durante 10 anos.

 

      A súa paixón pola música de percusión a leva a Senegal, onde mantivo contacto directo ca cultura e a danza africana tradicional. Máis adiante continúa a súa andadura de  carácter africano, asistindo a cursos con mestres de Ghana, Costa de Marfil, Togo, Angola e doutros países africanos. Participou en numerosos festivais multiculturais e outros eventos, e  acompañou a grupos como Deggo, Woïma, ou Caixa de Tambora, nos seus concertos. Ademáis forma parte xunto con Omar Percusión Group, do espectáculo “Ecos do mundo tribal” (música e danza)

         Na actualidade leva a súa Escola “Mesturas Danza”, impartindo clases semanais en Vigo, Cangas, e Pontevedra, e realizando talleres e mostras por toda Galicia.

 
 

Son universalmente recoñecidas as propiedades terapéuticas desta práctica:

-       consegue fortalecer todos os músculos,

-       permite traballar a coordinación e disociación do corpo,

-       potencia a creatividade individual (gracias o traballo de improvisación de movementos)

-       dende o punto de vista psíquico, a percusión é capaz de erguer o ánimo: O ritmo flúe por brazos e pernas e do interior sae unha enerxía de carácter alegre que nos axuda a liberar todas as tensións que levamos dentro.

 

Calquera persoa pode aprender a bailala, pero para elo necesitamos crer na nosa propia capacidade de expresión corporal: “Saber danzar é en primeiro lugar e sobre todo, tomar conciencia do teu corpo e ser capaz de impoñerte certos movementos, certos xestos, en harmonía cun ritmo musical dado”.

 

Nova completa en PDF aquí.
Si queres descargar o cartel do taller de danza podes facelo aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.