lunes, 25 de noviembre de 2013

Día contra a violencia de xénero

25 DE NOVEMBRO


Hoxe é un día que non quixeramos ter que celebrar… pero a existencia desta lacra social fai que debamos sensibilizar, comprometernos e actuar. 

Dende Máisquedanza quixemos facer este vídeo para concienciar a sociedade e para para dar forzas ás vítimas. Non queremos ser cómplices do silencio. Axudádenos a compartir este vídeo… se tan so lle sirve a alguén para denunciar ou axudar, xa nos sentiríamos orgullosas do noso traballo.



Por desgracia, neste vídeo feito hai 3 días, xa están os datos do número de mortes obsoletos. BASTA XA!!

Solicitamos que no día a día toda a sociedade loite coas diferenzas de igualdade que conlevan á violencia. Publicidade agresiva, imposicións de canons de beleza, implantación de roles de xénero, permisividade en temas como a prostitución…

Gracias a Concellería de Igualdade de Lalín por contar cada ano con nós e sobre todo pola labor combativa e preventiva que realizan. Gústanos que nos seus actos se centren en promover a participación de todos, sobre todo educando ós máis pequenos que serán o futuro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.