lunes, 17 de junio de 2013

ESTE VERÁN NON DEIXES DE BAILAR!!!

 
Agora que tes tempo libre podes seguir facendo o que máis che gusta, bailar, rir, aprender, coñecer xente, manterte en forma…
 
Os vos@s fill@s pasarán un verán inolvidable bailando diferentes estilos de danza (funky- hip hop…) nun ambiente lúdico, creativo … e moi divertido!!!!
 

 
AS CLASES:
 
Estas clases son para os que xa bailan e para os que queren iniciarse… (a partir dos 4 anos)
  

OS HORARIOS E PREZOS:
 
Faranse en función do número de inscritos. As franxas horarias reservadas para facer os horarios son:
 
Infantil: Unha hora de clase entre as 10 e 11:30 da mañá.
Intermedio/adulto: De 11:45 a 13:30.
 
- 3 días á semana (Martes-mércores-xoves). 20 euros/mes.
- 2 días á semana (Seleccione os días que lle conveñan). 15 euros/mes.
        a) Martes           -          Mércores
        b) Mércores        -          Xoves
        c) Martes           -          Xoves
 
Se non compatibilizas horarios, fala con nós. Podemos adaptar quincenas.
 
 
INSTALACIÓN:
 
As clases impartiranse na sala de danza do Pavillón Municipal de Lalín.
 
INSCRICIÓNS: (Do 17 ó 30 de xuño de 2013)
 
3 opcións
 
-       Deberá cubrir a ficha de inscrición que pode descargar do blog:  
                  fichero en word aquí    fichero en pdf  aquí

e enviala por correo electrónico a maisquedanza@gmail.com
 
-       Solicitar a ficha nas horas de danza no pavillón municipal. Luns ( de  16:15 a 20 h.) e mércores (de 17:45 a 21 h) e entregar no mesmo lugar. O contacto é a profesora de danza Sonia.
 
  
-       Solicitando a ficha de inscrición ó correo electrónico maisquedanza@gmail.com ou a través dunha mensaxe privada do Facebook de Máisquedanza   https://www.facebook.com/Maisquedanza
 
 
Para calquera dúbida chamade ó 680 988911.
 
Despois a organización xa se pon en contacto con vós para concretar horarios e grupos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.