viernes, 19 de abril de 2013

ANIMACIÓN MARATÓN ATLÁNTICA 42

ANIMACIÓN MARATÓN ATLÁNTICA 42 

O domingo 21 de Abril imos a Coruña, formando parte do programa de animación do Maratón Coruña 42- LXXXVI - Campeonato de España.

Participarán os grupos de intermedio I, II e II, grupo de adultos e grupo de avanzado. O horario das actuacións será de 9:30 a 13:30 horas. 

Disporemos de autobús para ir. Sairá do pavillón municipal de Lalín ás 8:00 da mañá e cada alumn@ terá que aportar 2 € (levar xa cambiados). A hora aproximada de regreso será as 15 horas. 

Levarán posto o uniforme da asociación (legging negro longo, zapatillas deportivas, camiseta e sudadeira) e nunha mochila a roupa da coreografía que lle indicase a profesora. É recomendable levar algo de bebida e comida xa que son varias horas ata que regresen para o xantar.

 Estaremos situados na CORAZA DO PASEO MARÍTIMO (entre a praia de Riazor e o Orzán). Esperamovos alí para bailar con vistas ó mar e animar a tod@s @s corredores/as!! Gracias ó Servizo Municipal de Deportes da Coruña por contar connosco para este evento.


Si queres baixar este fichero en PDF podes facelo  aquí



Si queres baixar este mapa en PDF podes facelo aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.