martes, 5 de junio de 2012

CONVOCATORIA DANCERVEIRA 2012

DANCERVEIRA 2012

ADEIXA (Asociación de danza do eixo atlántico) organiza o festival internacional de danzaVIII DANCERVEIRA (VILA NOVA DE CERVEIRA-PORTUGAL). TERÁ LUGAR OS DÍAS 28, 29, 30 DE XUÑO E 1 DE XULLO.
Este ano están convocados para participar o grupo de intermedio II e avanzado. A condición é contar con un mínimo de inscritos que non fagan variar moito as coreografías, xa que despois do noso festival de fin de curso so disporemos dun día de clase para esas modificacións.
Para poder participar deberedes  anotarvos nas follas de inscripción das que dispón a profesora. O prezo que pide a organización do evento son 20 € por alumn@ máis o seguro (no noso caso xa o temos cuberto)
Non sabemos todavía se o fondo económico da asociación poderá pagar o autobús para o desprazamento (Tentarase subvencionar)
Necesitaremos colaboración das familias porque por cada 10 alumn@s temos que levar un adulto responsable.
DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN O VENRES 8 DE  XUÑO.

(Para bailaríns e adultos responsables – en persoa ou por mail maisquedanza@gmail.com )

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FESTIVAL:  aquí




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.