jueves, 24 de mayo de 2012

Información Festivais


Recordámoslles que o sábado 26 de maio ás 20:00 horas se celebrará “VILALBA EN MOVEMENTO 2012”, unha exhibición de danza, no auditorio de Vilalba.




@s alumn@s que se desprazan pola súa conta deberán estar presentes na porta do AUDITORIO MUNICIPAL CARMEN ESTÉVEZ ás 19:00 horas, vestid@s, peinad@s e maquillad@s.

É recomendable que toda a roupa estea marcada co seu nome para os casos de extravío.

@s alumn@s que se desprazan no autobús sairán dende o Pavillón Municipal ás 17:15 horas. Non se pode precisar unha hora exacta para o regreso (Pavillón Municipal) polo que o mellor será que estean en contacto c@s alumn@s a través do teléfono.

Aproveitamos ademais para comunicarlles que o festival de fin de curso de MÁISQUEDANZA será o domingo 24 de xuño ás 18:00 horas. Prégase ós participantes confirmar asistencia.

Nun principio, se non chove, será no auditorio que hai ó aire libre. O cambio con respecto a outros anos atende a cuestións de espazo, coa idea, entre outras, de que @s propi@s alumn@s poidan ver as actuacións. No caso de choiva será no salón-teatro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.