martes, 27 de marzo de 2012

CONCURSO ANAPRODE 2012

Fomos por primeira vez, con moita ilusión e regresamos todavía con máis. 
Presentamos 3 coreografías e as 3 foron premiadas:

"Flor de loto" -------------- 1º posto
- "La niña que hay en mi"--  3º posto
- "Revólver" ----------------- 3º posto

Con ese primeiro posto (categoría 3 - estilo:Jazz) teremos que revalidar o noso título en Tarragona o fin de semana do 4,5 e 6 de Maio onde participaran todos os primeiros postos das distintas zonas de España onde se realizou o concurso e de Francia.

Ademáis dos premios traemos un bo sabor de boca pola experiencia. Disfrutamos no escenario (con moitos nervios e adrenalina), no camerino (compartindo ilusións con xente  doutras escolas), no hotel, no autobús, ... Foi algo inolvidable vivido entre risas e lágrimas de emoción.

Moitas gracias a tod@s os que nos apoiastedes e nos destes a noraboa. Os trofeos e diplomas son tamén vosos!!!!!

Coreografía Flor de Loto

Coreografía: La niña que hay en mí

Coreografía: Revólver


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.