sábado, 28 de enero de 2012

novas

MÁISQUEDANZA NA RESIDENCIA DAS DORES

O grupo MáisqueDanza esta integrado por 50 alumnas de idades comprendidas entre o sete e dezasete anos de Lalín e os seus arredores.
Divididas en cinco grupos realizaron diversas representacións de baile moderno onde combinaron luces, cores, marionetas e disfraces. Destacamos das súas representacións a utilización das mans para figurar instrumentos e animais o que sorprendeu gratamente ao público asistente, maiores, familias e persoal do centro, debido á curta idade das participantes. Doutra banda, o grupo das maiores, a parte de realizar diversos bailes modernos escenificaron a representación dun grupo de marionetas que se movían dirixidas por unha compańeira ao compás da música. Agradecemos á profesora Sonia e ao grupo de baile “Mais que Danza” a súa participación nas actividades do Nadal da residencia e esperamos poder contar con elas en próximas actividades. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.