lunes, 18 de mayo de 2015

Festival Rodeiro (Día das letras Galegas 2015)


Onte, día das Letras Galegas, celebrouse en Rodeiro un festival cheo de ilusión, ganas e de boa enerxia. A pesares das circunstancias @s bailarin@s dérono todode sí para poder facer disfrutar aos asistentes dun día fermoso.


Quero agradecer á Coral Polifónica de Rodeiro e ao Grupo Tradicional e corpo de baile "Arandos" por contar con nós unha vez máis, e como non á profe Lorena.
Por outra banda agradecerlle á profe Marta Maceira Ansedes e aos seus alumnos e alumnas de Bandeira que puidesen asistir e así alegrarnos coa súa dinámica coreografía.
Tamén á profe Sonia Míguez Martínez que a pesar de que non puido asistir, aportounos o dúo formado por Carlos Ogando e Lucía Barros.

A Carmen Ansedes Lopez por estar ahí sempre en todos os festivais aos que asistimos e sobre todo a papás e mamás dos alumnos e alumnas que participaros.
Mencionar a Maria Cagide que nos botou unha man, ou máis ben un brazo en axudarnos en todo o que lle pedíamos.

Por último e xa para rematar, gracias aos danzarinos e danzarinas de Danza Creativa e Rodeiro, estou moi orgullosa de vos e do voso traballo. Ver crecer as vosas ganas e o empeño que lle poñedes ás vosas coreografías é realmente gratificador. Aos papás e mamás que puideron vir e os que axudaron en todo momento, moitas gracias.

Mil gracias a tod@s e agardo que todo fose do voso agrado!  (Texto Yolanda Ogando)

          
Album completo de fotos AQUÍ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Soamente podrán facer comentarios os usuarios con contas de Google.
Lembra ser prudente cos comentarios. A Asociación Sociocultural +QDaNzA reservase o dereito de modificar ou borrar os mesmos si conteñen contidos inadecuados.